xaneiro

Ano novo vida nova

Quen, co principio dun ano novo, non fai a listaxe de "propósitos para este ano"? Eu creo que todos caemos nesa trampa mortal, e, como non, nós non iamos ser menos, así que para este ano temos un propósito claro: editar este boletín de xeito mensual sen interrupción. Conseguirémolo? Tentarémolo.

E vós... coidado co que vos propoñedes, que non vos pase como a min, que a lista de propósitos non fai máis que convertírseme nunha igual de longa de auténticos despropósitos.


No concello en xaneiro

NOVOS VALORES

O día 28 de xaneiro remata o prazo de presentación de cadros / pinturas para o certame de Novos Valores 2012.

As bases da convocatoria tédelas na páxina do Concello www.concellodebrion.org


CERTIFICACIÓN ECDL

O ECDL (European Computer Driving Licence) é a certificación internacional europea que che outorga o recoñecemento de posuír unha formación básica e completa de informática a nivel de usuario.

Neste momento somos o único Concello de Galicia (en toda a Comunidade Autónoma só estamos homologados para a obtención desta certificación 2 centros, nós e unha academia de formación da Coruña) acreditado para facer as probas para a obtención desta certificación.

Co fin de facilitarvos a realización das probas, estamos a facelas de xeito individualizado, os martes e xoves, en horario de mañá e tarde, no Telecentro de Comunicacións, previa cita co responsable do programa, Antonio.

Se che interesa podes chamar por teléfono (981 509 908) ou contactar por mail (voluntariado@briondixital.org) en calquera momento.



CELGA 2012

Durante este mes de xaneiro está aberto o prazo de inscrición para os cursos dirixidos á obtención do CELGA 1, CELGA 2, CELGA 3  e  CELGA 4.

O Concello ten aberto ata o día 25 deste mes o prazo de preinscrición pois para poder solicitar a realización dos cursos aquí fai falta ter preinscritas a 20 persoas. Se che interesa ou sabes dalguén que lle poida interesar podedes inscribirvos na Casa da Cultura (981 509 908).



ACCIÓNS FORMATIVAS PARA DESEMPREGADOS

Como xa sabedes, a Xunta de Galicia todos os anos convoca, dentro do programa AFD (accións formativas para desempregados), unha serie de cursos de formación ocupacional ó remate dos cales tedes un certificado de profesionalidade do curso realizado coma se fixerades un ciclo de FP.

Cada ano a Consellería de Traballo convoca estes cursos a partir do mes de xaneiro e cada ano publica unha listaxe dos cursos que, por comarcas, van ser prioritarios dentro dese ano.

Pois ben, esta semana saíu publicada a convocatoria e a listaxe dos cursos. Se estades desempregados e vos interesa formarvos nalgunha profesión, esta é unha moi boa oportunidade. Podedes pasar pola Casa da Cultura ou consultar a listaxe na páxina da Consellería de Traballo da Xunta e, se vos interesa algún curso, inscribirvos para que vos teñan en conta na selección de alumnos.


COMPETENCIAS PROFESIONAIS POR EXPERIENCIA LABORAL

Os certificados de profesionalidade, a partir deste ano requisito necesario para poder traballar na maior parte das profesións, pódese obter ben a través da formación formal (FP ou AFD) ou ben a través da experiencia laboral ou outras vías de formación non formal.

Desde o ano pasado, a Consellería de Traballo está a convocar os procedementos para a avaliación e acreditación das competencias profesionais por estas dúas últimas vías, pola experiencia profesional ou por vías non formais de formación.

Neste momento está aberto o prazo, ata o día 15 de febreiro, para as cualificacións profesionais de, entre outras, xestión administrativa, instalacións eléctricas, soldadura, cociña, carpintería... Podes consultar a listaxe completa na web do concello www.concellodebrion.org.


CAMPEONATO DE FUTBOLÍN

Lembra que este sábado 14 de xaneiro no Pavillón Municipal de Brión celébrase o campeonato de futbolín con máis de 70 parellas inscritas. Esto promete!!


E EN FEBREIRO... ANTROIDO!!

A finais de febreiro celébrase o antroido, coma sempre. Máis información no boletín de febreiro.




Fóra de Brión


CONCURSO DE BANDAS: FESTIVAL ARTEFICIAL


Convocado o 2º concurso de bandas do Festival Arteficial, para posibilitar a grupos musicais non profesionais representar as súas propostas durante a vinceira edición do festival (18 de Agosto de 2012 en Ribadavia). A participación neste concurso está aberta a tódolos músicos de Galicia,  tanto de forma individual coma colectiva, e de calqueira estilo musical.



ENCONTRO GALEGO DE MOBILIDADE XUVENIL

Xa podes participar no III Encontro Galego de Mobilidade Xuvenil que se celebrará na Coruña o vindeiro 4 de febreiro. Apúntate gratis en www.xuventude.net

Os obxectivos desta xornada son, entre outros, ofrecer un lugar de encontro para o intercambio de experiencias entre mozos e mozas que participaron nos distintos programas europeos de mobilidade existentes; e fomentar o Servizo de Voluntariado, tanto local como europeo, como experiencia de aprendizaxe non formal na adquisición de habilidades persoais e profesionais.


MONITORES PARA A RUTA QUETZAL BBVA 2012


O Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación e BBVA seleccionan monitores/as para a Ruta Quetzal BBVA 2012. Requisitos: Ter entre 22 e 30 anos, Titulación universitaria superior, Posuir o titulo de socorrista acuático e terrestre. Prazo: 16 de febreiro de 2012

A expedición percorrerá Colombia e España do 19 de xuño ao 23 de xullo de 2012, pero os monitores/as seleccionados desenvolverán a súa actividade como voluntariado de forma intensiva e continua dende o 18 de xuño ata o 30 de xullo de 2012.
Máis información en http://www.rutaquetzalbbva.com



CURSO "A EDUCACIÓN SEXUAL NAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL"


Convoca o centro de formación Gaforsex. Datas: 27 e 28 de xaneiro, 3, 4 e 10 de febreiro. Venres de 5 a 9, sábado de 10 a 2. No Centro Xuvenil Don Bosco (Santiago).

+Info: http://www.blogoteca.com/gaforsex ou no tlf.: 699 73 29 86




ERASMUS E SUIZA PARA ESTUDANTES UNIVERSITARIOS

Programa comunitario de mobilidade Erasmus e Suíza para universitarios o curso 2011-2012. +Info: DOG do 27 de decembro de 2012.



ESTANCIAS CREATIVAS PARA MOZOS

O programa ‘Estancias creativas para xóvenes’ da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, enmarcado no Circuíto da Creatividade, oferta un total de 150 prazas en estadías creativas de fin de semana aos mozos e mozas galegos de entre 18 e 35 anos.

As estancias terán lugar no Albergue Xuvenil de Gandarío (Bergondo), na provincia da Coruña, e no Complexo Residencial Xuvenil LUG (Lugo) en oito fins de semana desde o mes de febreiro ata o mes de xuño de 2012. +Info: www.xuventude.net


ENCONTROS INICIATIVA XOVE 2012

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado (DXXeV), a través do programa Participa da Rede Galega de Dinamización Xuvenil, vai desenvolver en diferentes puntos da nosa xeografía encontros para a promoción e a divulgación do programa de Iniciativa Xove, co fin de dar a coñecer as novidades para este ano 2012. +Info: www.xuventude.net







Asociacións de Brión



PINTURA E INGLÉS PARA MAIORES DE 18 ANOS

A Asociación Xuvenil Carballeira convoca, de febreiro a xuño, cursos - obradoiros de pintura e inglés para maiores de 18 anos.

+Info: http://carballeira.blogspot.com



Voluntariado

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO DIXITAL


O Goberno galego vai pór en marcha en 2012 o Programa de Voluntariado Dixital para contribuír á incorporación das novas tecnoloxías á vida cotiá de toda a cidadanía galega, mediante a colaboración e compromiso de persoas voluntarias, co obxectivo de fomentar a inclusión social, utilizando as TIC como ferramenta.

+Info: www.voluntariadogalego.org







_______________________________________________________________________________________

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE ESTAS E OUTRAS ACTIVIDADES EN FACEBOOK, TUENTI E NO BLOG