marzo 2014

No concello en marzo


CURSOS DE FORMACIÓN

Está aberto o prazo de inscrición para os cursos de formación de:





INFORMÁTICA EN HORARIO DE MAÑÁ E TARDE:
  • Cursos presenciais
  • Cursos na rede
  • Obradoiros de informática
AGRICULTURA SOSTIBLE
  • Elaboración de conservas caseiras
RECURSOS PARA A ANIMACIÓN
  • Primeiros auxilios


A FEIRA DE BRIÓN DO 8 DE MARZO É NA CARBALLEIRA

Feira de Brión 
Este sábado 8 de marzo a Feira de Brión trasládase á Carballeira de Santa Minia, que seica vai facer sol!
Empeza ás 11 da mañá e remata sobre as 2 da tarde. Achégate ata a Carballeira, das un paseíño e tomas un pouco o sol, que non sobra!
+Info: feiradebrion.blogspot.com

ENTROIDO BRIÓN 2014

ENTROIDO 2014 Un ano máis celebramos o domingo de piñata, día 9 de marzo, o Entroido en Brión con desfile de máscaras desde a Carballeira ata o pavillón a partir das 4.30 da tarde e despois desfile dentro do pavillón a partir das 5, baile con música en directo, entrega de premios...

+Info: http://www.concellodebrion.org/actividades/cultura_deportes/cultura_deportes.html

CLUBE CAMALEÓN

Empezamos unha nova andaina do Clube Camaleón, a primeira cita será o venres 14 de marzo na biblioteca ás 6 da tarde. Se aínda non te apuntaches... apura!

+Info: http://www.concellodebrion.org/actividades/cultura_deportes/cultura_deportes.html


CLUBE DE LECTURA

O mércores 12 de marzo nova reunión do clube de lectura ás 8.30 da tarde na biblioteca.
O clube está aberto a todas as persoas que estean interesadas en participar. Reúnese unha vez ao mes e en cada reunión acórdase entre todos a lectura seguinte.
Anímate a participar!

SENDEIRISMO: SENDA VERDE DE CARNOTA

Sendeirismo Marzo 2014Desde Louredo ata Ancoradoiro. 18 kms., dificultade baixa. Data: sábado 22 de marzo. Saída: ás 8.30 da mañá da Carballeira de Santa Minia.

+Info: http://www.concellodebrion.org/actividades/cultura_deportes/pdf/sendeirismo_marzo.pdf


EXPOSICIÓN DE PACO CASAL

O venres,día 14 de marzo ás 20:30 horas, inauguramos unha nova exposición. Trátase da Exposición de Pintura de Paco Casal. A exposición leva por título "Recunchos de soños e realidades".

+Info en http://www.concellodebrion.org/actividades/cultura_deportes/pdf/expo_paco_casal.pdf


XAN PERILLÁN COMPRA QUEIXO COMPRA PAN

Os monicreques de Kukas celebran o seu 35 aniversario con Xan Perillán e as súas aventuras. Poderedes velos o vindeiro sábado 15 de marzo ás 18.30 horas no Centro Social Polivalente.


+Info en http://www.concellodebrion.org/actividades/cultura_deportes



CICLO "VENRES MUSICAIS"

A Escola de Música Municipal, dentro do ciclo Venres Musicais, organiza para o venres 28 de marzo un concerto de piano e guitarra a cargo dos alumnos da escola. O concerto será na Sala de Exposicións da Casa da Cultura a partir das 8.30 da tarde.

+Info: http://escolamusicamagarinos.blogspot.com.es/2011/02/axenda-artistica.html



Asociacións de Brión e outras actividades


VIDEOFORUM: PELÍCULA "FLIPPED"

A ANPA do IES de Brión organiza un videoforum para o venres 7 de marzo ás 19.30 horas na Sala de Exposicións da Casa da Cultura. A película que se vai ver é Flipped.

A entrada é aberta ata encher o aforo e é gratuíta.


 

APADRIÑA UNHA ÁRBORE 2014

Un ano  máis a Asociación O esquío no piñeiro organiza o programa Apadriña unha árbore. Esta é a primeira actuación deste ano, plantación de árbores no parque de Pedrouzos, ao lado do Campo de Fútbol o vindeiro sábado 15 de marzo a partir das 5 da tarde. Vémonos alí! Traede sacho!

+Info: http://oesquio.blogspot.com.es/

1º ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA-BRIÓN

A asociación brionesa O esquío no piñeiro e a Piscina Municipal están organizando unha andaina por terras de Brión para o 17 de maio, Día das Letras Galegas. A andaina vai ter tres opcións, un percorrido de 13 Kms, un de 17 e o máis longo de 50 kms, podendo escoller cal deles prefires realizar.

+Info: andainaterrasdealtamira.blogspot.com


PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DA ESO

No mes de marzo abre o prazo de inscrición para presentarse ás probas para a obtención do título da ESO por libre.

+Info: http://www.concellodebrion.org/actividades/formacion/formacion.html



_______________________________________________________________________________________

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE ESTAS E OUTRAS ACTIVIDADES EN




Casa da Cultura
Carballeira de Santa Minia nº5
Tlf.: 981 509 908